galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Rede de Bibliotecas do Grove

martes, 5 de outubro de 2021
"O CONCELLO DO GROVE CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CON DIVERSAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA"
foto

O Concello do Grove ten lista a súa programación para conmemorar o Día da Biblioteca o 24 de outubro.

As actividades desenvolveranse ao longo de todo o mes de outubro e as prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse nas bibliotecas, no tfno. 986 732 341, no correo electrónico biblioteca@concellodogrove.es ou nas redes sociais.

O venres 8 de outubro comezará o programa “Enredando coa biblioteca”, unha proposta de actividades de dinamización lectora dirixidas a público infantil que se desenvolverán os días 8, 15, 20 e 29 de outubro a partir das 18.00 h na Biblioteca Municipal do Grove.

O 8 de outubro terá lugar o obradoiro creativo “Un ovo egg-pecial”, dirixido á rapazada de máis de 6 anos; o 15 de outubro organizarase unha pescuda do tesouro, “O misterio da bibliotecaria”, dirixido á rapazada maior de 7 anos. O 20 de outubro proxectarase a película de cinema infantil “Mr. Magorium e a súa tenda máxica” e o venres 29 de outubro ofrecerase un novo obradoiro creativo para a rapazada de máis de 8 anos, “Pulp fiction”.

O venres 22 de outubro a partir das 18.00 h, na Biblioteca Municipal do Grove, dentro do programa “Tornar ás táboas” financiado pola Deputación de Pontevedra, terá lugar o espectáculo “Cinema e historias da man de Alice Guy”, a cargo de Raquel Queizás. Este espectáculo, dirixido á rapazada a partir de 5 anos, mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.

O luns 25 ofrecerase na Axencia de Lectura de San Vicente o espectáculo de narración oral “Un libro baixo a almofada”, a cargo de Caxoto Contacontos.

As actividades complétanse coa exposición “Clásicos da literatura infantil e xuvenil” e outras sorpresas.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss