galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

xoves, 25 de novembro de 2021
"AVISO IMPORTANTE: CRIBADO POBOACIONAL NO GROVE ESTA FIN DE SEMANA"
  Dado o aumento de incidencia de Covid que estamos a vivir, durante os días 📆 27 e 28 de novembro (sábado e domingo) a Xerencia da EOXI de Pontevedra/Salnés vai realizar un cribado entre a veciñanza da nosa vila con idades comprendidas entre os 🧓👴 60 e os 79 anos (ambas as dúas incluídas), xa que ese é o rango de idade onde se está a detectar unha maior incidencia de positivos.   👉👉O cribado REALIZARASE NA CASA DA TERCEIRA IDADE, pola mañá en horario de 9.00 a 14.00 horas, e pola tarde desde as 16.00 ata as 21.00 horas.   Para a realización do citado cribado, a Xerencia enviaralles 📲CITACIÓNS POR SMS a 2.260 veciños e veciñas.   👁ATENCIÓN: a moita xente estalle xa a chegar unha SMS cunha cita para a fin de semana, pero como centro aparece: "HOSPITAL UNIVERSITARIO DE MONTECELO". Isto refírese a onde foi xerada a SMS, NON É O LUGAR ONDE SE REALIZARÁN A PROBAS!!!   ‼️ INSISTIMOS: O LUGAR DO CRIBADO É A CASA DA TERCEIRA IDADE DO CORGO, NON O HOSPITAL MONTECELO!!!   👇👇Comentado desde o Concello coa Xerencia o feito de que parte desta poboación destinataria pode non ter teléfono móbil onde recibir a SMS ou mesmo dificultades para encontrar a mensaxe e ler a cita, chegouse ao acordo de que SE ALGUÉN QUE PERTENZA A ESTE GRUPO DE IDADE NON RECIBIU OU NON VEU A DITA SMS, PODE IGUALMENTE ACUDIR AO CRIBADO EN HORARIO DE MAÑÁ CALQUERA DOS DOUS DÍAS E REALIZARÁSELLE TAMÉN A PROBA.   Esperamos a maior participación e colaboración da cidadanía para, entre todas e todos, podermos parar esta nova onda da pandemia na nosa vila.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss