galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

venres, 23 de decembro de 2022
"JORGE GARRIDO HERNÁNDEZ GAÑA A X EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY COA OBRA “AUSENCIA"

 

  •  O Grovense Alberto Javier Porto Vila acadou unha mención especial pola súa obra “Fragmentos”

O Grove, 23/12/2022.- Jorge Garrido Hernández, residente en Pontevedra, ven de gañar a X Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday. Así mesmo, resultou finalista o grovense Alberto Javier Porto Vila.

O Concello do Grove, co patrocinio da Deputación de Pontevedra,  convocou a décima edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €.

O xurado do premio composto por Rosa Villaronga Goday, Sebastián Anxo Rozas Álvarez e Amelia Vázquez-Palacios Santos reuniuse na tarde do 22 de decembro para ditaminar esta X edición do Concurso.

Despois de deliberar o Xurado acordou declarar como gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título Ausencia. O autor da obra gañadora resultou ser Jorge Garrido Hernández.

 

 

O Xurado considera que, pola súa calidade, merece unha mención especial a obra finalista: Fragmentos de Alberto Javier Porto Vila.

 

 

As obras participantes forman parte dunha exposición que pode ser visitada na Casa da cultura “Manuel Lueiro Rey” desde esta semana ata finais do mes de xaneiro. Así mesmo, estase a editar o catálogo desta exposición que estará dispoñible en breve.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss