Dende a Concellalía de Deportes e a Concellalía de Educación do Concello de O Grove traballan na programación de actividades que permitan a conciliación, e contribúan a mellorar o tempo de lecer dos rapaces.
O Concello reedita as propostas de Conciliación, englobándoas no Plan ConciliaGrove, dentro do cal se oferta a Ludoteca de Verán e o Campamento Deportivo. As familias poderán escoller a cal das actividades queren inscribir ós seus fillos.
A Ludoteca de Verán levarase a cabo nas instalacións do “Colexio As Monxas” con actividades pensadas para nenos de curta idade (3 a 8 anos), en grupos reducidos, con actividades guiadas, nas que, ademáis de disfrutar das propias instalacións (aulas, xardíns, patio cuberto...) haberá saídas casi diarias á praia, praza de abastos, parques, biblioteca, e outras zonas de interese para visitar cos cativos. A Ludoteca de Verán busca facilitar a conciliación familiar e laboral das familias. Potenciar valores coma o compañeirismo, solidariedade e o respecto o medio
ambiente, así coma a igualdade e a non violencia. Potenciar a autoestima e autonomía. Fomentar as relación interpersoais e favorecer a participación activa das diferentes actividades
Así mesmo o Campamento Deportivo desenvolverase nas diferentes instalacións deportivas e espazos ao aire libre do municipio. Nel practicaranse diferentes modalidades deportivas (baloncesto, balonmán, surf, pádel, rutas de sendeirismo, piragüismo, remo etc.), como viña sendo habitual nas anteriores edicións. O Campamento Deportivo busca fomentar a practica deportiva e a vida sana entre os nenos, facilitar a conciliación laboral, e optimizar recursos, dando a posibilidade de coñecer e practicar todos os deportes que se ofertan no municipio, en instalacións públicas, a un gran número de nenos, poñendo en común instalacións municipais e o coñecemento técnico de cada deporte.
O Plan Concilia Grove, tanto no Campamento Deportivo como a Ludoteca de Verán, serán actividades que sufragarán en parte as familias, asumindo o concello unha porcentaxe dos gastos directos, así como todos os gastos indirectos tales como suministros, limpeza e desinfección dos espazos donde se leven a cabo as actividades.