galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

mércores, 8 de novembro de 2023
"O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA COA PROGRAMACIÓN DO AUDITORIO DO GROVE DURANTE OS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO"

 O Grove, 8 de novembro de 2023.- O Concello do Grove continúa coa programación do Auditorio do Grove durante os meses de novembro e decembro

Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Despois dos espectáculos  O mozo da última fila e The Show Moscón o auditorio acollerá tres novas representacións. As entradas pódense retirar na Biblioteca Municipal do Grove os días previos á representación ou o propio día no Auditorio

Iphixenia na porta do super. 18 de novembro 20.00 h.

A compañía formada por Antela Cid e Fran Peleteiro produce este espectáculo, recomendado para maiores de 12 anos, dirixido por Sara Rey Seoane, unha das directoras seleccionadas polo Centro Dramático Galego para a súa última montaxe, e interpretado pola grovense Alba Caneda, unha nova promesa da interpretación saída das últimas promocións da ESAD de Galicia.

"Iphixenia na porta do súper" é unha crítica aos recortes nos servizos públicos, sobre todo na sanidade, que fai un paralelismo entre o mito clásico de Iphixenia e unha rapaza de barrio actual. "Iphixenia na porta do súper" é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión que, desde a súa estrea, está a acadar excelentes críticas.

Rock& Magic. 2 de decembro, 18.00 h.

Espectáculo de maxia dirixido a público familiar. ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e Rock & Roll, un  espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia, cargado de ilusións, ritmo, humor e moita, moita tralla. Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levan gravados a lume na súa memoria e teñen que dar a coñecer aos seus fillos e fillas.

Síbaris. 9 de decembro, 20.00 h.

Peza teatral da compañía Con de tres pés dirixida por Lois Blanco e cun magnífico elenco artístico  formado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa.

Síbaris é o único texto  teatral escrito polo autor galego Domingo Villar. A obra, que será estreada en breve, representarase no Auditorio do Grove o sábado 9 de decembro de 2023.

Programa tornar as táboas

Dentro do programa tornar as Táboas, subvencionado pola Deputación de Pontevedra ofrecerase unha nova peza teatral

Bernarda. 26 de novembro, 19.30 h

A compañía Malasombra producións achegará ao Auditorio a obra Bernarda, un drama con moito humor dirixida por Jose prieto e Xoque Carbajal e cun extraordinario elenco formado por Luisa Mereas. Esther Aja e Celia González.

A peza, recomendada para maiores de 14 anos, foi candidata aos XIV Premios Max, Premio do público na XLI Mostra de Teatro Galego de Cariño, e Premios María Casares ao Mellor Espectáculo, Mellor Texto orixinal, Mellor dirección e Mellor actriz secundaria.

Isto é Rock. 22 de decembro, 19.30 h

Un concerto familiar con sabor a solidariedade para axudar a outras familias

A grovense Carolina Rubirosa xunto coa súa banda e o escritor Javier Becerrá nos achegarán a un divertido e emocionante repaso pola historia da música rock en familia.

Javier narra, Carolina toca e canta, xuntos contaxian aos pequenos o amor pola música e as súas grandes iconas acompañadas dunha formidable banda de rock n’roll. Trátase dun espectáculo baseado no libro Isto é rock! pero  cun toque do Nadal para iniciar ao ritmo da mellor música as vacacións desta marabillosa época do ano.

O concerto chega acompañado de solidariedade para axudar aos máis desfavorecidos. As familias que desexen asistir deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas.  A organización necesita alimentos non perecederos e, a poder ser, algún alimento non perecederos de Nadal.  

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss