galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

xoves, 6 de febreiro de 2020
"Xornadas de información á mocidade nos institutos"

 

O Concello do Grove informa que se realizarán unhas Xornadas de información á mocidade durante os recreos nos dous centros de secundaria. Levaraas a cabo a encargada da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e persoal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

A actividade consistirá en informar o alumnado dos diferentes programas e actividades do seu interese e que levan a cabo os dous organismos organizadores (Concello e Xunta de Galicia). Ademais, as persoas interesadas tamén poderán tramitar alí mesmo o carné xove, para iso terán que presentar, preferiblemente o primeiro día, o DNI e entregar 6 € en concepto de taxas. Lembramos que este carné, que ten unha vixencia de dous anos, está dirixido a mozas e mozos de 12 a 30 anos e ofrece unha gran cantidade de descontos e vantaxes en transporte, museos, viaxes, campamentos, comercios, etc.

 

As xornadas serán os días 11 e 12 e 13 de febreiro nos correspondentes recreos que dispoñen cada un dos centros de ensino do Concello do Grove, o IES Monte da Vila e o IES As Bizocas.

 

Durante as visitas a estes dous centros tamén haberá tempo para reunirse co alumnado que forma parte do Programa de Correspondentes Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, concretamente co alumnado do IES Monte da Vila, que é o grupo que agora mesmo, igual que o ano pasado, está desempeñando este traballo: facer de "antenas informativas" no seu centro recollendo a información en materia de xuventude que se lles envía desde a Dirección Xeral de Xuventude e difundila entre o resto do alumnado. Para iso contan co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil, coa OMIX e co profesorado participante no programa. A forma de difusión pode ser a través do taboleiro informativo disposto polo centro para este fin, redes sociais, grupos de whatsapp, a través das delegadas edelegados de clase, etc.

Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss