galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

xoves, 20 de febreiro de 2020
"O Concello do Grove promociona o Martes de Entroido con importantes cambios e melloras"

Incrementa os premios nun 155%, facilita a inscrición no concurso de disfraces en liña e organiza unha festa final para a entrega de premios no pavillón municipal dos deportes

O Concello do Grove quere promocionar e incrementar a participación na Gran Marcha do Entroido Meco, que se celebrará o martes 25 de febreiro, mediante a introdución de importantes cambios e melloras na súa organización e premios.

O importe destinado a premios crece considerablemente desde 2.800,00 € ata 7.125,00 €, o que supón un incremento do 155 % con respecto a outros anos. O Concello do Grove convertese así no Concello do Salnés que ofrece os mellores premios de Entroido.

A subcategoría de grupos adultos subdivídese en dúas modalidades: Grupos de ata 12 compoñentes e Grupos de máis de 12 compoñentes, o que supón a creación dunha subcategoría máis e con substanciosos premios en ambas as dúas.

Do mesmo xeito, tamén se incrementan todos os premios das categorías infantís, que se igualan en cantidade coas de adultos. E, ao mesmo tempo, tamén experimentan suba os premios aos mellores choqueiros.

 

Categoría

Subcategoría

Premio

Contía (euros)

Adultos (máis de 14 anos)

Grupos de máis de 12

Primeiro

1000

Segundo

700

Terceiro

500

Grupos de ata 12

Primeiro

800

Segundo

500

Terceiro

300

Parellas

Primeiro

200

Segundo

150

Terceiro

100

Individuais

Primeiro

150

Segundo

100

Terceiro

50

Infantil (ata 14 anos)

Grupos

Primeiro

800

Segundo

500

Terceiro

300

Parellas

Primeiro

200

Segundo

150

Terceiro

100

Individuais

Primeiro

150

Segundo

100

Terceiro

50

Choqueiros

 

Primeiro

100

Segundo

75

Terceiro

50

 

Outras das medidas dirixidas a incrementar e facilitar a participación no desfile consiste na mellora das formas de inscrición no concurso. Este ano, ademais da inscrición presencial o propio martes, ofrece unha modalidade de inscrición en liña a través do correo electrónico entroidodogrove@concellodogrove.es. A este enderezo, quen queira participar en calquera das categorías ou subcategorías, pode enviar cubertas as follas de inscrición, que poden descargar na páxina web do Concello, na páxina de Facebook de entroidodogrove ou solicitalas a través do citado correo electrónico ou do teléfono 986 732 341. Neste sentido, O Grove é o único concello do Salnés que ofrece esta modalidade en liña e facilita a inscrición a todos os posibles participantes, sen necesidade de desprazamento previo.

Finalmente, e para rematar o desfile, a partir das 20.30 h organízase unha gran Festa de Entrega de Premios no pavillón municipal dos deportes, con diversión, troula, música e baile a cargo do DJ de Studio 21.

Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss