galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

martes, 11 de xaneiro de 2022
"O CONCELLO DO GROVE ORGANIZARÁ UN ENTROIDO ADAPTADO ÁS CONDICIÓNS SANITARIAS"
foto

 

O obxectivo principal é facilitar a celebración e o desfrute do Entroido Meco, pero evitando as aglomeracións e os riscos de contaxio.

Despois de varias xuntanzas do Equipo de Goberno e coas comparsas, tendo en conta a actual evolución da pandemia, decidiuse modificar o formato tradicional.

Festival de comparsas

A situación sanitaria actual imposibilita a organización do tradicional festival de comparsas co formato do pavillón dos deportes, polo que, para evitar riscos para o público durante a celebración do evento e para as persoas integrantes das formacións comparseiras nos ensaios, o festival aprázase ata o mes de maio e buscaranse alternativas para facelo ao aire libre.

Así mesmo, e polos mesmos motivos, tamén se aprazan para maio as actuacións das comparsas en San Vicente.

Baile infantil

A situación sanitaria tamén imposibilita que teña lugar o baile infantil no pavillón dos deportes, polo que se ofrecerán alternativas de ocio seguras para a rapazada.

Martes de Entroido

Mantense o desfile de disfraces do Martes de Entroido, pero con algúns cambios dirixidos a evitar as aglomeracións e a minimizar os riscos. Modificarase e ampliarase o circuíto e reducirase o número de voltas a unha soa, o que permitirá o espallamento do público ao longo de todo o percorrido, así como a separación necesaria entre as persoas participantes.

Enterro da sardiña

Así mesmo, tamén se levará a cabo con variacións e con todas as medidas de seguridade o enterro da sardiña.

Entroido dixital

Seguindo a liña iniciada en 2021 e co obxectivo de lle facilitar á veciñanza o acceso e desfrute de todo o material relativo ao Entroido existente no arquivo e na sala de fondo local da biblioteca municipal, continuarase o labor de difusión da documentación a través das redes sociais, concretamente, da páxina de Facebook do Entroido do Grove (https://www.facebook.com/entroidodogrove).

Trátase de continuar a exposición dixital de material sobre o Entroido do Grove iniciada en 2021, que comprende unha recompilación de fotos dos dez últimos concursos dos Martes de Entroido, programas, vídeos, dossieres de prensa e outros documentos de grande interese que aínda están sen publicar. 

Deste xeito, preténdese ofrecerlle momentos de lecer e diversión á poboación dunha forma accesible a través dos teléfonos móbiles, tabletas e portátiles, que poderán gozar e descargar en calquera momento.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss