galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

mércores, 30 de novembro de 2022
"O Concello do Grove abre o prazo de matrícula de Educación Infantil (0-3)"

 

O Concello de O Grove prosigue a traballar nas xestións que permitan dar unha solución de conciliación ás familias que quedaron sen praza na Escola Infantil de Rons, facendo todos os traballos precisos para por en marcha un Punto de Atención á Infancia, nas instalacións do coñecido como “Colexio das Monxas”.

 

Recentemente fíxose unha confirmación de matrícula, de aquelas familias que tiñan feito a reserva de praza no mes de xullo, confirmando un total de 15 prazas. Quedando vacantes 5 prazas, para crianzas de 0 a 3 anos. Procedéndose agora a abrir un prazo de matriculación para estas 5 prazas, que se atenderán por orde de entrada.

 

Recordamos que o Punto de Atención á Infancia, acollerá 20 crianzas, de 0 a 3 anos, de xeito unitario. O horario total de apertura do centro será de 8 a 16 horas, de luns a venres, e permitirá a opción de servizo de comedor para as familias interesadas, con un servizo de catering externo.

 

O prazo de matrícula comeza o venres 2 de decembro, ata o día 9 do mesmo mes, e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo na seguinte ligazón:

 

 FORMULARIO MATRICULA PAI 2022

 

 

Para máis información:  

Pilar Galiñanes  

Concellería Educación  

pilar.galinanes@concellodogrove.es

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 23 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728

noticias adl

cursos

ofertas de
emprego

Formulario para
ofertar emprego

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss