galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

luns, 13 de febreiro de 2023
"O CONCELLO DO GROVE XA TEN LISTO O PROGRAMA DO ENTROIDO 2023 CON IMPORTANTES CAMBIOS"
  • O concurso de Comparsas Celebrarase no Auditorio do Grove
  • O festival infantil de disfraces terá lugar na Carpa do Entroido con novidades para a rapazada.

O Grove, 03/02/2023.- O Concello do Grove xa ten lista a Programación do Entroido 2023 que se desenvolverá desde o 16 ao 26 de febreiro.

O programa dará comezo o xoves 16 de febreiro co xa tradicional xoves de comadres e compadres en diferentes establecementos da vila.

O venres 17 de febreiro, a partir das 17.00 h, terá lugar na Carpa do Entroido situada na Praza do Corgo unha Festa Infantil con música, animación e xogos a cargo de Barafunda.

A noite do venres tamén se celebrarán actos en diferentes establecementos como o venres de Jarana e o venres de Caballiteras.

Festival de comparsas

Xa o sábado 18, terá lugar “O Festival de comparsas 2023” que este ano celebrarase no Auditorio do Grove. As entradas poderán adquirirse o propio sábado 18 no pavillón municipal dos deportes en horario de 10.30 a 14.00 h e, en caso de non rematar as entradas nese horario, a partir das 16.30 h.

O Festival transmitirase en directo a través de Todogrove e, así mesmo, colocarase unha pantalla na zona exterior para que todas e todos poidan seguilo en tempo real.

Está previsto que 10 comparsas compitan este ano pola bandeira do Festival. Ademais do accésit de participación de 300,00 euros, establécense os seguintes premios:

Primeiro: 1.100 €, diploma, e bandeira

Segundo: 900 € e diploma

Terceiro: 800 € e diploma

Cuarto: 600 € e diploma

Quinto: 500 € e diploma

Sexto: 400 € e diploma

Domingo de Entroido

O domingo 19 de febreiro aqueles que non puideran asistir ao Festival de comparsas poderán ter a ocasión de escoitalas na ruta das comparsas polos bares do Grove.

Pola tarde terá lugar a partir das 19.00 h o Festival Infantil de Disfraces amenizado por Javi Solla con importantes melloras. Celebrarase na Carpa do Entroido situada na Praza do Corgo e ofrecerase pintacaras,  maquillaxe glitter así como algodón de azucre e chocolate con churros

Gran Marcha do Entroido Meco

O martes 21 de febreiro celebrarase a Gran Marcha do Entroido Meco durante o cal se repartirán 7.125,00 € en premios

 

 

Categoría

Subcategoría

Premio

Contía (euros)

Adultos (máis de 14 anos)

Grupos de máis de 12

Primeiro

1000

Segundo

700

Terceiro

500

Grupos de ata 12

Primeiro

800

Segundo

500

Terceiro

300

Parellas

Primeiro

200

Segundo

150

Terceiro

100

Individuais

Primeiro

150

Segundo

100

Terceiro

50

Infantil (ata 14 anos)

Grupos

Primeiro

800

Segundo

500

Terceiro

300

Parellas

Primeiro

200

Segundo

150

Terceiro

100

Individuais

Primeiro

150

Segundo

100

Terceiro

50

Choqueiros

 

Primeiro

100

Segundo

75

Terceiro

50

Outro dos cambios está dirixido a facilitar a participación no concurso para o que  se permitirá a inscrición on line a través do correo electrónico entroidodogrove@concellodogrove.es. As follas de inscrición poderán descargarse na páxina Web do Concello, na páxina de Facebook ou solicitalas a través do citado correo electrónico.  

A entrega de Premios terá lugar o mesmo martes 21 de febreiro nunha Festa con animación do DJ Studio 21 a partir das 20.30 h na Carpa do Entroido.

Enterro da sardiña

O venres 24 de febreiro instalarase a capela ardente na Praza do Corgo para velar á finada e ás 20.00 h sairá a comitiva fúnebre desde a Praza do Corgo ata o lugar de incineración.

Entroido en San Vicente

O sábado 25 de febreiro celebrarase a partir das 16.00 h a Concentración de Choqueiros, queima do vimbio e actuación de comparsas en San Vicente. Festa que continuará o domingo 26 de febreiro a partir das 12.00 h na Casa da Cultura “Ángel Vázquez Hereder”

Desfile e concurso canino CANnaval

Así mesmo, o domingo 26 a asociación canina do Grove ACADOG organiza o concurso canino CANnaval.

 

A concentración e inscrición realizarase ás 11.00 h na Praza do Corgo. A continuación realizarase un desfile polas rúas Corgo, Castelao e Platería, para rematar co concurso e entrega de premios na Praza do Corgo. 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias adl

cursos

ofertas de
emprego

Formulario para
ofertar emprego

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss