galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

martes, 17 de outubro de 2023
"O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ DURANTE A SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO DIVERSAS ACTIVIDADES PARA A RAPAZADA"

O Grove, 16 de outubro de 2023.- O Concello do Grove continúa a súa programación de outono-inverno con diversas actividades dirixidas a público infantil que se desenvolverán durante esta segunda quincena de outubro

Celebración do Día da Biblioteca

A Rede de Bibliotecas celebrará o Día Internacional da Biblioteca con dous espectáculos e visitas escolares.

O venres 20 de outubro a partir das 11.30 h na Biblioteca Municipal do Grove, terá lugar o espectáculo teatral “A máquina do tempo” a cargo de Teatro Ghazafelhos, dentro do Programa Ler Conta Moito. A este espectáculo asistirán 128 nenas e nenos de 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Rosalía de Castro.

O xoves 28 de outubro, tamén dentro do Programa Ler Conta Moito, ofrecerase na Axencia de Lectura de San Vicente o espectáculo de monicreques “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón ” a cargo de Viravolta Títeres. A esta actividade asistirá todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP As Bizocas.

As actividades completaranse con exposicións literarias, visitas escolares e talleres.

Proxección de Valentina

O xoves 26 de outubro, dentro do ciclo de cinema galego Mestre Mateo, proxectarase no Auditorio do Grove a longametraxe Valentina á que asistirán 350 alumnas e alumnos de Educación Primaria do CEIP Rosalía de Castro e do CEIP Valle-Inclán.

Noite de Meigas, Curuxas e Bruxas.

Despois de tres anos sen celebrarse, a Biblioteca Municipal do Grove recobra este ano a actividade “Noite de Meigas, Curuxas e Bruxas” que terá lugar o 31 de outubro de 20.00 a 00.00 h. A actividade contará con diferentes obradoiros, sesión de contos, música e outras sorpresas.

Está dirixido á rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

As prazas son limitadas e, para asistir, deberán realizar a inscrición na Biblioteca Municipal do Grove cubrindo o correspondente formulario. 

 

 

cartel

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias adl

cursos

ofertas de
emprego

Formulario para
ofertar emprego

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss