O Concello do Grove porá en marcha unha serie de medidas encamiñadas a que as persoas con discapacidade poidan gozar do ocio, a cultura e o medio ambiente da vila, nun entorno adaptado, fomentando así a Igualdade de oportunidades. Unha destas medidas será a elaboración dunha ordenanza de accesibilidade que establecerá os criterios básicos que deberán cumprir todos aqueles espazos e establecementos para que as persoas con calquera tipo de discapacidade poidan moverse con total liberdade.
Tamén se prevé a posta en marcha dun Programa de Inserción Laboral para as persoas con discapacidade do concello, poñendo á disposición das empresas interesadas un servizo de intermediación laboral, ao obxecto de facilitar os seus procesos de selección, así como facer valer a cota mínima reservada a persoas con dificultades físicas e psíquicas na Administración pública.
No Concello do Grove existe unha Asociación que traballa para acadar unha sociedade en que as persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto á súa dignidade e diversidade:
Asociación Anduriña
Rúa da Fontiña E, 5
36980 36980 O Grove