galego | español
texto grande
buscar

 

HORARIO

De 10.00 a 14.30 h e de 16.30 a 21.00 h, de martes a domingo (luns pechado)

 

CONTACTO

Punta Moreiras, s/n, Reboredo

Teléfono: 608 216 963

Correo electrónico: museo@concellodogrove.es

 

PREZOS

Tarifa xeral:

Adultos, 2 €

Nenos, 1 €

 

 

Vista aérea

 

SALGADEIRAS DE MOREIRAS

Espazo museístico

 

Visita virtual 360º VISITA VIRTUAL 

 

No ano 1991, a primeira vez que na Festa do Marisco se expoñían mariscos vivos en acuarios e redes e antigos apeiros de pesca, empezou a desenvolverse a idea da creación dun museo da pesca no porto do Grove. Entre os anos 2001 a 2006 realizáronse cinco exposicións centradas na antropoloxía mariñeira nunha gran carpa instalada na zona portuaria e denominada Mar Adentro. Durante eses anos foi formando o proxecto a medida que se facía provisión de material, documentación, e experiencia. Elixiuse Punta Moreiras pola súa situación e historia salgadeira, reflectida nas ruínas de antigas fábricas. Fóronlles entón encargados polo Concello do Grove, a través do seu Plan de Excelencia Turística, o proxecto museográfico ao biólogo mariño José Luís Escalante González e o proxecto para a restauración dos edificios ao gabinete de arquitectos da localidade formado por Carolina Álvarez Míguez e David Cacabelos Rico. Publicáronse conxuntamente estas memorias en abril do ano 2003 e, a seguir, comezou a súa execución. A primeira visita ás instalacións, inauguradas aínda na súa primeira fase, tivo lugar o día 15 de xuño de 2007, sendo alcalde Miguel Ángel Pérez García, eficaz impulsor deste longo e ambicioso proxecto.

 

Vista aérea

 

Sitúanse estas salgadeiras musealizadas en Punta Moreiras, lugar costeiro pertencente á parroquia de San Vicente do Grove, abarcando toda a súa área nordeste o espazo museístico referido. Este enclave ten a virtude de acharse fronte á bocana do Porto de Meloxo e ofrécelle ao visitante a posibilidade de observar o continuo movemento de embarcacións e demais faenas marítimas. Comprende, ademais, o Esteiro de Moreiras, enorme areal que descobre coa baixamar e é frecuentemente visitado polas mariscadoras para a recolección de ameixas. Cara ao oeste, desde unha elevación rochosa, divísase a illa de Sálvora, á entrada de ría de Arousa.

 

Vista general

 

Tratando de integrar as singulares características do lugar, e dado que esta enseada foi, desde finais do século XVIII ata mediados do XX, unha importante zona de asentamento dos fomentadores cataláns para a industria da salga de sardiña, restauráronse dúas fabricas de salga ou salgadeiras. A máis antiga delas áchase perfectamente habilitada e dotada dos elementos necesarios para o seu funcionamento como fábrica de salga. Permanece continuamente aberta e a súa entrada é libre. Os procesos que alí se realizaban para conservar a sardiña en salmoira están explicados con detalle en paneis situados nas correspondentes seccións desta instalación salgadeira.

 

Antigua fábrica

 

A segunda fábrica, de estrutura máis moderna, data de 1931, pero foi reconstruída cos materiais e sobre outra máis antiga, de 1790, que se achaba en ruínas a consecuencia dun forte temporal. Conta cun pequeno embarcadoiro artesanal utilizado por unha motora de pasaxe e transporte de mercadorías que viaxaba a Cambados e Vilagarcía de Arousa. Por este motivo, ademais de fábrica de salga, tamén fixo funcións de almacén de coloniais.

 

Embarcadero

 

É nesta salgadeira, unha vez restaurada, onde se expoñen todas as pezas máis delicadas da provisión levada acabo durante estes anos e que poden informar o público interesado na vida dos mariñeiros das Rías Baixas.

 

Planta baja

 

Esta instalación conta coas seccións de:

  • Pesca e marisqueo
  • Carpintería de ribera
  • Motores mariños e primeiro instrumental electrónico
  • Salgadura e tonelería
  • Conserva hermética
  • Redes e cordoería

 

Planta supeior

 

A intención no deseño deste espazo museístico foi desde os seus comezos que a orografía da contorna formase parte do seu discurso, tratando de acondicionar para iso as áreas exteriores. Construíuse un miradoiro de madeira en fronte do Porto de Meloxo, que descansa sobre os restos dunha terceira salgadeira, e engadíronse algunhas grandes pezas, como unha caldeira de vapor do barco Hidria II, a autoclave dunha antiga conserveira, grandes áncoras, varias esculturas relacionadas co mar, o esqueleto dun galeón das rías e un pesqueiro de doce metros co seu motor Barreiros e aparellos de navegación. Habilitouse un camiño de unión entre as fábricas de salgadura e outro máis que discorre pola beira do esteiro. Nos próximos meses acometerase a obra de instalación dun nutrido grupo de esculturas de carácter mariño entre as rochas da mesma punta.

 

 

 

 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss