CALENDARIO FISCAL 2020
Consulte o calendario fiscal do contribuínte para o ano 2020 do Concello do Grove>
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, popularmente coñecido como "rodaxe", é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
Imposto sobre bens inmobles (IBI)
O imposto sobre bens inmobles, comunmente coñecido como “contribución”, é un tributo directo de carácter local que grava a titularidade e dereitos reais que teñamos sobre calquera ben inmoble (casa, piso etc.).
Imposto sobre actividades económicas (IAE)
O imposto sobre actividades económicas é un tributo directo de carácter real cuxo feito impoñible está constituído polo exercicio en territorio nacional de actividades empresariais, profesionais ou artísticas.
Taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e reserva de espazo para estacionamento, carga e descarga
O feito impoñible desta taxa é a utilización privativa ou o aproveitamento especial do domino público municipal con entradas de vehículos a través das beirarrúas (o que popularmente se coñece como “vaos” ou “pasaxes”).
Taxa pola recollida de lixo
A taxa pola recollida de lixo, de recepción obrigatoria, establécese pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal do Grove, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.
Taxa pola subministración de auga
Establecida pola distribución de auga potable a domicilio, ou o enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.
Sumidoiros e depuración de augas residuais
Canon de saneamento da Xunta de Galicia
O canon de saneamento é un tributo da Xunta de Galicia destinado ao financiamento das infraestruturas, mantemento e explotación dos diferentes sistemas de saneamento da Comunidade Autónoma, entre as que se inclúen redes de colectores, estacións de bombeo, plantas de tratamento e outras instalacións.