A Concellería de deportes do Concello do Grove informa, que como cada verán para fomentar a práctica de deporte en nenos, adolescente e adultos durante a época estival e debido a grande demanda durante todo o ano das clases de pádel, este verán continuaranse coa escola de nenos (grupos de 6 neno/as de idade comprendidas entre os 6 e 11 anos) e as clases de 4 persoas.
O prazo de inscrición comezará o luns 5 de xuño e rematará o martes 20 de xuño. As inscricións realizaranse no rexistro do Concello no edificio administrativo en horario de 9:00 a 14:00 h, ou a través da sede electrónicaa través dunha instancia xenérica adxuntando a solicitude. Todas as solicitudes presentadas despois do prazo indicado pasarán a lista de espera.
Os formularios poderán descargarse na páxina web do concello desde o xoves 1 de xuño ou ben poderán recollerse en papel en información na planta baixa no edificio administrativo.
Teñen preferencia na elección do horario os alumnos e alumnas que asisten ás clases durante todo o ano, tendo en conta a data de presentación no rexistro do Concello.