galego | español
texto grande
buscar

Axenda

Presentación da segunda edición do festival solidario ‘Nos Seus Pés’

Comezo: venres, 28 de setembro de 2018
Remate: venres, 28 de setembro de 2018
"Presentación da segunda edición do festival solidario ‘Nos Seus Pés’"

 

Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello do Grove

Hora: 11.30 h

 

Interveñen:

- Jose Antonio Cacabelos, alcalde do Concello do Grove

- Javier Olleros, responsable do restaurante Culler de Pau

- Mar Benavides, representante da organización de Nos Seus Pés

 

 

Sobre Nos Seus Pés

É un festival solidario organizado pola veciñanza do Grove que busca concienciar sobre a situación actual das persoas refuxiadas e colaborar economicamente con dúas das organizacións de axuda humanitaria que operan no Mediterráneo: Project Elea e PROEM-AID.

 

O evento organízase en dous días nos que se desenvolven distintas actividades gratuítas para todos os públicos. O principal obxectivo desta actividade é concienciar sobre esta situación humanitaria e a capacidade da xente en colaborar con diversas organizacións no terreo.

 

A segunda edición de Nos Seus Pés desenvolverase os días 19 e 20 de outubro a través dun programa multidisciplinar no que se atopan a fotografía, a música, a gastronomía e o deporte, entre outras actividades. Este festival busca sensibilizar sobre a situación das persoas refuxiadas e recoller fondos para dúas asociacións que traballan no terreo no Mediterráneo e nos campos de persoas refuxiadas en Grecia.

 

Tras o éxito da primeira edición, na que se recadaron máis de 7.000 euros para a organización Project Elea e a asociación Proem-AID, a veciñanza do Grove organiza unha segunda edición de Nos Seus Pés.

 

 

 

 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 21 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss