Dende a concellaría de Igualdade en colaboración co Consello Local de Igualdade de O Grove, temos programadas unha serie de actividades para esta semana con motivo da conmemoración do 8 de Marzo.
- O 7 de marzo ás 12:00 no Auditorio de O Grove representarase: “La tejedora del tiempo”, asistirán máis de 200 alumnos de 3º e 4º da ESO, dos IES Monte da Vila, IES Bizocas e IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa). É un espectáculo gratuito e aberto ao público para calquera persoa que queira asistir, non é exclusivo para estudantes, esta aberto para tódolos veciños e veciñas que queiran asistir. - O 8 de marzo ás 12:00 na Praza de Arriba (se as condicións metereolóxicas o permiten) terá lugar a lectura do Manifesto polo Día Internacional da Muller a cargo do Consello Local de Igualdade de O Grove. - O 12 de marzo ás 18:30 no Auditorio de O Grove, será a XXI Gala dos Premios Meca, un acto aberto ao público onde se entregarán os Premios Meca en categoría individual a Milagros Rey e en categoría colectiva ás Centolas Dragon Team. Mulleres da Vila que son un gran exemplo para as novas xeracións de emprendemento e esforzo no seu día a día.