O Grove, península situada na entrada da ría de Arousa.
Limita ao sueste con Sanxenxo. Ocupa unha extensión de 21 km cadrados e está formada por dúas parroquias (San Martiño e San Vicente) e unha illa poboada, A Toxa.
Ver situación en mapa de Google
Como chegar ao Grove?
Por estrada:
Hai dúas grandes vías para chegar ao Grove en coche: a autoestrada AP-9 (enlazando logo coa Autovía do Salnés) ou a estrada que une Pontevedra con Sanxenxo (PO-308). A Autovía do Noroeste, que conecta Galicia con Madrid e A Meseta, é unha perfecta entrada para viaxar ao Grove, chegando a Vigo e posteriormente collendo a autoestrada AP-9.
Fai a túa ruta para chegar ao Grove
En autobús:
A estación de autobuses está situada na avenida de Beiramar, a uns 100 m da Casa do Concello. As principais conexións enlazan distintos puntos do municipio, Pontevedra ou Vigo mediante liñas regulares. No verán hai liñas que conectan Pontevedra coas nosas praias.
En avión:
A mellor opción para visitar O Grove desde a península ou desde o estranxeiro pasa por chegar primeiro ao aeroporto de Santiago de Compostela (Lavacolla) ou ao aeroporto de Vigo (Peinador) para achegarse despois ao municipio por estrada.
Igualmente se pode chegar pola Coruña (aeroporto de Alvedro), pero este está a unha maior distancia.
En tren:
As estacións ferroviarias máis próximas á nosa localidade están en Pontevedra e en Vilagarcía. Desde alí hai que chegar ao Grove por estrada.
Quilometraxe
Estas son as distancias quilométricas desde a nosa vila ás principais cidades de Galicia:
Cidades galegas |
Distancia |
A Coruña-O Grove | 144 km |
Santiago-O Grove | 71 km |
Vigo-O Grove | 64 km |
Pontevedra-O Grove | 32 km |
Lugo-O Grove | 214 km |
Ourense-O Grove | 179 km |