galego | español
texto grande
buscar

Cultura

A Concellería de Cultura do Concello do Grove ten entre os seus obxectivos prioritarios o fomento e a difusión no noso municipio de todo tipo de actividades culturais e o apoio a iniciativas artísticas de persoas, colectivos ou asociacións.

 

Pretendemos ofrecerlle ao Grove unha programación cultural ampla e variada ao longo do ano con actividades e actuacións específicas para toda a cidadanía, desde a xente máis nova á de maior idade.

 

Non esquecemos que é clave na difusión e promoción da cultura a colaboración coas asociacións e agrupacións culturais do municipio, ás que axudamos anualmente coa convocatoria de subvencións, así como o traballo que se desenvolve nas casas da cultura municipais, onde se levan a cabo moitas exposicións e outras actividades dirixidas principalmente ao público máis novo.

 

Un aspecto que pretendemos revitalizar na vida cultural da nosa vila é a música, nos seus diferentes estilos e variantes. Achegarlles a música a todas e a todos, poñendo á disposición deste proxecto as instalacións e os materiais municipais é tamén parte do noso labor diario. Proba diso foron os Xoves Musicais, que durante o pasado mes de agosto amenizaron as nosas rúas con varios concertos ao aire libre, para gozo de veciños e visitantes.
Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss