"ANUNCIO: MODIFICACIÓN DO PERÍODO DE COBRAMENTO DO PADRÓN DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA E ENTRADA DE VEHÍCULOS E RESERVAS DE ESPAZO CORRESPONDENTES AO EXERCICIO 2020"
O día 4 de maio a Alcaldía do Concello do Grove ditou unha resolución na que acordou o seguinte:
- Modificar a finalización do período voluntario de cobramento do padrón do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e de entrada de vehículos e reservas de espazo (vaos) correspondentes ao exercicio 2020, actualmente en curso, ampliando o dito prazo ata o 1 de xullo de 2020 e cargar as domiciliacións no banco o día 1 de xuño de 2020.
- Ordenar a súa publicación no BOP de Pontevedra, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello do Grove.