O prazo de exposición pública do censo electoral do Concello do Grove para as vindeiras eleccións autonómicas do 12 de xullo será do 25 de maio ao 1 de xuño, período no que calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.
A consulta deberá solicitala a propia persoa interesada enviando un correo cunha copia do seu DNI ao enderezo electrónico do Padrón municipal de habitantes: joseluis.ochoa@concellodogrove.es