O 18 de novembro, na Biblioteca Municipal do Grove, a partir das 17.00 h e dentro do programa “Coñecendo e gozando a biblioteca”, organizarase unha sesión especial para a rapazada de 5 a 7 anos.
As prazas son limitadas, polo que será necesario inscrición nas bibliotecas, no tfno. 986 732 341, no email biblioteca@concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.