"Pirolíticos" de Mofa e Befa Auditorio do Grove, 21 de xaneiro ás 20.30 h.
Adquisición de entradas
- Na Casa da Cultura. 19 e 20 de xaneiro de 10.00 a 13.30 h
- No Auditorio do Grove, 21 de xaneiro de 16-30 a 20.00 h
Co gallo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto. Clara Gayo, María Lado e Lucía Aldao acompañan aos artistas en PIROLÍTICOS, unha proposta que, sen renunciar ao teatro que Mofa & Befa sempre ofreceron, contén necesariamente a visión e o humor destas tres mulleres que aceptaron sen dubidar o desafío.
Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa, e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise"