galego | español
texto grande
buscar

Emprendedores

 CARPETA DO AUTONOMO

 

Recollemos algunha das axudas, subvencións, bonificacións, financiación...dirixidas por parte das administracións ás persoas que inician a súa actividade no réxime de autónomos.

 

 BONIFICACIÓNS  AUTÓNOMOS

 

Normativa:

 

Real decreto Ley, 4/2013 de 22 de febrero de medidas de apoyo al emprendedor, estímulo del crecimiento y creación de emprelo para menores de 30 años

 

Real decreto Ley 14/2013 de 27 de septiembre de apoyo a los emprendedores y su enternacionalización apra los mayores de 30 años.

 

Ley 31/2015, de 9 de septiembre, por la que se modifica y actualiza la normativa en materia de autoempleo y se adoptan las medidas de fomento y promoción del trabajo autónomo y de la Economía Social

 

Requisitos Xerais:

 

1-No ter estado de alta como autónomo nos 5 anos anteriores.

-Non se aplican a autónomos administradores de sociedades. Está bonificación é aplicable no caso de cooperativas e comunidades de bens.

-Non ser autónomo colaborador (Réxime especial para familaires de autónomos)

-No caso de ter sido bonificado no pasado por algunha bonificación por ser autónomo tampouco a pode recibir a pesar de ter pasado os 5 anos.

-Para bonificación específica para persoas discapacitadas ten que ter recoñecido un mínimo do 33%.

 

Dependendo dos requisitos que cumpra pode optar a diferentes bonificacións, sobre a cuota mínima para 2016: 267,04€

 

MENORES DE 30 ANOS E MULLERES MENORES DE 35 ANOS

ALTA INICIAL AUTÓNOMOS (TARIFA PLANA)

Debe cumplir os 5 primeiros requisitos

Reducción 80% durante 6 primeiros meses dende data efectos de alta 50,89€
Reducción 50% do mes 7 ao 12 133,96€
Reducción 30% do mes 13 ao15 187,19€
Bonificación 30% do mes 16 ao 30 187,19€

  

CALQUERA IDADE

Debe cumplir os 5 primeiros requisitos

Reducción 80% durante 6 primeiros meses dende data efectos de alta 50,69€
Reducción 50% do mes 7 ao 12 133,96€
Reducción 30% do 13 ao 18 187,19€

 

DISCAPACITADOS CON GRAO IGUAL OU SUPERIOR AO 33% VIOLENCIA DE XÉNERO E TERRORISMO Alta inicial con independencia da idade.  Non estiveran dados de alta nos últimos 5 anos.
Reducción 80% durante 12 meses iniciais. (1 ano) 50.69€

Bonificación reducción do 50% durante 48 meses seguintes.

(4 anos)

133.96€

 

 Ver máis situación e bonificacións en Cadro resume da Seguridade Social.

 

CAPITALIZACIÓN DA PRESTACIÓN DE DESEMPREGO OU PAGAMENTO ÚNICO.

 

Posibilidade de cobro da prestación por desemprego (non subsidios) nun pago único, cando a persoa inicie unha actividade económica por conta propia como autónomo, socio cooperativista ou sociedade laboral ou mercantil.

 

Condicións:

1. Ter dereito como mínimo a 3 meses de prestacións a nivel contributivo.

2. Non ter obtido o recoñecemento de pago único nos últimos 4 anos.

3. Para sociedade mercantil aportación de capital, debe incorporarse no plazo máximo de 12 meses dende a constitución da sociedade, no pode ser realción laboral previa coa mesma, poseer o control efectivo da mesma, exercer a súa actividade profesional e polo tanto darse de alta no de Autónomos da Seguridade Social ou no dos Traballadores do mar.

4. Si tivera impugnado o ceso da relación laboral orixe da prestación, facer a solicitude unha vez resolto o procedemento correspondente.

5. A solicitude debe ser realizada antes da alta correspondente no réxime de autónomos.

 

A normativa ofrece 3 posibilidades:

 

1. Solicitude do pagamento único.
100%

Da cantidade a percibir acreditando:

Para cooperativa cuota de ingreso

Para sociedade laboral ou mercantil compra de accións ou participacións.

Para traballador autónomo gastos de inversión

2. Solucitude de Pagamento único + pago de cuotas Mensuais á seguridade social.
3. Solicitude do importe para o abono exclusivamente das cotas mensuais á S.S.

 

 

COMPATIBILIDADE DE COBRO DE PRESTACIÓN POR DESEMPREGO E ALTA EN AUTÓNOMOS.

 

Pódese compatibilizar durante un tempo máximo de 270 días.

 

Ten que solicitalo o traballador nos 15 días seguintes ao inicio da alta en autónomos. Tamén cando se dé de alta como socio cooperativa ou sociedade mercantil, pero que sexa de nova cración, e no Réxime Especial da Seguridade Social correspondente según a actividade da entidade.

 

Existen algunhas limitacións qu epodes comprobar no seguinte enlace Compatibilidades

 

 

 AXUDAS DIRECTAS POR ALTA EN AUTÓNOMOS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO OU BENESTAR.

 

No ano 2016 abríronse dúas convocatorias:

 

PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL.

 

 

Altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive.

Ver condicións

 

Tipos e contías das axudas:

 

1. Iniciativa de autoemprego xuvenil:

 

1.200€ sin necesidde de xustificación de gastos, soamente acreditación de alta en autónomos ou por conta propia en calquer réxime da Seguridade Social. Obligatoriedade de manter a actividade por un mínimo de 1 ano.

 

2. Polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

 

Xustificar un mínimo de 2.000€ de inversión sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis  posteriores  ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2016.

Obligatoriedade de manter a actividade por un mínimo de 2 anos.

 

Contías:

As contías desta subvención serán as seguintes:

  • A. 7.500 euros persoa moza.
  • B. 8.000 euros, muller
  • C. 10.000 euros persoa moza desempregada con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión socia

 O prazo para presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

 

PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTONOMO (PRAZO XA FINALIZADO NO 2016)

 

 

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR A AUTÓNOMOS QUE CONTRATEN DE FORMA INDEFINIDA A PERSOAS ASALARIADAS

 

O Prazo remata o 30 de setembro de 2016.

 

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

 

Incentivos:

Artigo 7. Contía dos incentivos 1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse

i. Primeira persoa traballadora indefinida.

a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 sexa parado de longa duración.

c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

d) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada de 45 sexa parada de longa duración.

ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.

a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.

b) 6.000 € cando se dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.

c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.  

 

MÁIS INFORMACIÓN E ORDE DA CONVOCATORIA

 

 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias adl

cursos

ofertas de
emprego

Formulario para
ofertar emprego

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss