Hora: 20.00 h
Lugar: salón de plenos da Casa do Concello
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se proceder, dos borradores das actas anteriores: (27/11/2017 e 29/01/2018).
- Dación de contas dos decretos da Alcaldía emitidos desde a última sesión plenaria e das resolucións da Deputación Provincial que aproban as solicitudes de subvención con cargo ao Plan Concello 2018.
- Ditame para a aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a construción de dous equipamentos públicos. (Expte.: 434/2016).
- Ditame para a delegación na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías do corpo da Policía Local e as prazas de auxiliares de policía local e as de vixilantes municipais, por todo o tempo de vixencia do convenio (Expte.:2245/2018).
- Proposta non ditaminada sobre a moción “para a mellora dos servizos sanitarios no centro de saúde do Grove”.
- Proposta non ditaminada sobre a moción de EU para ‘controlar a proliferación das apostas on-line e casas de apostas e tomar medidas de prevención ante a ludopatía’.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.