galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Novas Tecnoloxías

luns, 7 de abril de 2014
"O Concello do Grove anima os seus veciños a informar de incidencias a través da aplicación City4"

 

Deseñada pola empresa galega eLABORO, esta ferramenta tecnolóxica de descarga gratuíta facilita a comunicación entre o Concello e os veciños para axilizar a detección e solución de necesidades

Os habitantes do Grove poderán notificar e recibir avisos do concello nos seus dispositivos móbiles, entre outras posibilidades

 

A veciñanza do Grove ten xa á súa disposición a aplicación city4ogrove, destinada a facilitar a xestión de incidencias e a comunicación entre a poboación e o goberno municipal. Desenvolvida pola empresa compostelá eLABORO SL, esta ferramenta tecnolóxica permítelles aos responsables locais recibir información directa da poboación e facer un seguimento constante da súa xestión para garantir a máxima axilidade na solución das necesidades detectadas. A aplicación e as súas múltiples vantaxes foron presentadas hoxe en rolda de prensa no Grove polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín, e o director executivo de eLABORO, Jesús Velasco, quen animaron os veciños a utilizar esta nova vía de interacción co goberno municipal. 

 

Con city4ogrove, que pode descargarse gratuitamente de Google Play e App Store, os veciños poderán notificar a través dos seus dispositivos móbiles calquera incidencia que lles afecte aos servizos e espazos municipais, como auga, rede de sumidoiros, mobiliario urbano ou espazos verdes, entre outros. A información, recibida de xeito centralizado, seralle derivada ao responsable correspondente, que poderá ter un coñecemento constante da xestión da incidencia ata a súa completa solución. Pola súa banda, os veciños tamén poderán facer seguimento destes avisos, xa que recibirán unha mensaxe tanto ao seren recibidas como ao seren resoltas.

 

Eficacia e transparencia

Deste xeito, o Concello do Grove dispón dunha vía de comunicación permanente cos seus veciños que lle facilitará a eficacia e a transparencia na súa xestión. As notificacións recibidas permitirán ter coñecemento puntual de incidencias e realizar balances periódicos sobre como e en que prazos foron resoltas.

 

Ademais, a través da aplicación city4ogrove, a poboación poderá recibir nos seus dispositivos avisos urxentes do concello nos que a inmediatez é crucial, como casos de persoas perdidas, temporais, desprendementos en estradas, cortes de auga ou outros. O sistema de avisos á poboación é unha mellora da aplicación que se porá en marcha por primeira vez no Grove, potenciando así as posibilidades de interactuar de xeito inmediato cos veciños.

 

Outras opcións que terán os usuarios de city4ogrove son a solicitude de citas, a recepción de noticias, o acceso ao directorio municipal e ao servizo de punto limpo.

 

Sobre eLABORO

eLABORO S.L é unha empresa de capital galego que desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da consultaría tecnolóxica e de organización, especialmente no eido da Administración pública e das grandes corporacións. Con sede en Santiago de Compostela e delegación en Sevilla, implantou as súas solucións tecnolóxicas en diversos puntos do territorio español, a nivel autonómico (Xunta de Galicia, Gobierno de Navarra, Generalitat de Catalunya, Govern de les Illes Balears…) e local (Cádiz, Gijón, Cáceres, Pontevedra…).

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 19 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss