galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Documentación e Patrimonio

luns, 11 de agosto de 2014
"Antonio Pichel Beleiro gaña a XXI edición do Lueiro Rey de Novela Curta"
foto

 

Ás 19.00 h do pasado 30 de xullo, na Biblioteca Municipal do Grove decidiuse a obra gañadora do XXI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, convocado polo Concello do Grove coa colaboración de Sotelo Blanco Eidicóns. Os membros do xurado do certame, acompañados polo concelleiro de Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín, e mais pola encargada da casa da cultura, Marina Olga Aguín, quen actou como secretaria, con voz pero sen voto, tivo que escoller a obra gañadora de entre un conxunto de quince orixinais presentados a concurso.

 

O xurado, composto polo profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo, a escritora Ánxela Gracián, o ensaísta Manuel Quintáns Suárez, o escritor Juan Tallón (gañador da anterior convocatoria) e o crítico Francisco Martínez Bouzas, determinou nomear gañadora, por maioría de votos, a narración Xente que nunca antes morrera, que resultou ser da autoría do pontevedrés residente no concello de Poio Antonio Pichel Beleiro, de 28 anos de idade. O autor verá así publicada a súa primeira novela e recibirá os tres mil euros do premio.

 

Acta do XXI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss