galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Documentación e Patrimonio

venres, 27 de marzo de 2015
"A Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio achega ao Grove o III Festival de Curtametraxes"

 

A plataforma itinerante CortoEspaña, festival itinerante que percorre o país, chega de novo ao Grove cos traballos máis destacados do ano

 

Un ano máis, as mellores curtametraxes poderanse ver no III Festival de Curtametraxes Concello do Grove, que terá lugar o 11 de abril a partir das 20.00 h na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

A eentrada será gratuíta ata completar a capacidade e o evento conta cun premio para o mellor traballo, cunha dotación económica de 250 euros. Trátase dunha iniciativa promovida pola Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio do Concello do Grove e CortoEspaña que, por terceiro año consecutivo, pretende achegar este formato á nosa localidade.

 

Durante as proxeccións veranse un total de oito curtametraxes de xénero e temática variada, desde o drama ata a comedia, pasando pola animación ou traballos más dinámicos e innovadores. A duración das películas tamén será diversa, combinando historias dun certo desenvolvemento argumental con relatos máis breves de apenas uns minutos e que realizan un exercicio de sínteses sorprendente para narrar en tan curto espazo de tempo.

 

Ademais, o público será o protagonista ao determinar cal é o traballo gañador do festival, xa que serán os mesmos espectadores quen elixan, a través de papeletas de votación, que curtametraxe merece alzarse co primeiro premio. Con esta iniciativa preténdese implicar os asistentes converténdoos, máis que en meros espectadores, en valoradores activos e críticos do visto na pantalla.

 

O festival pertence ao circuíto CortoEspaña, unha iniciativa da Rede de Curtametraxes para promover o formato da curta e que en 2015 contará con máis de 120 festivais en diversas localidades españolas ao longo de todo o ano. Ademais, a curta gañadora do festival proxectarase xunto ás que gañaran no resto de festivais nunha gala a final de ano en Madrid, na que se poderán ver os mellores traballos de todo 2015.

 

Para esta nova edición do festival presentáronse máis de 600 traballos de nacionalidade española, cuxa data de produción foi 2014. Con esta capacidade de creación anual, non é de estrañar que as curtametraxes españolas sexan recoñecidas internacionalmente a través de multitude de galardóns e premios.

 

O proxecto, que en 2015 cumpre a súa quinta edición, consitúe o maior evento arredor da curtametraxe en España, e o que máis público congrega. En 2014 chegou a 112 localidades, albergando máis de 25.000 espectadores e repartindo máis de 18.000 euros en premios.

 

Este festival pretenden ser non soamente un novo e amplo circuíto de exhibición, senón un punto de encontro no que actores, directores, produtores, guionistas... e público participen activamente, e un lugar onde a curtametraxe teña o espazo informativo e a cobertura periodística que reclama.

 

A iniciativa conta co respaldo de grandes actores e directores que, cunha recoñecida carreira  en cine, teatro ou televisión, apostan pola curtametraxe como un formato único para contar historias. Nela teñen participado curtametraxes  de Gracia Querejeta, Borja Cobeaga, Carmelo Gómez, Arturo Valls, Michelle Jenner, Juan José Ballesta, Alexandra Jiménez, Carlos Areces, Fele Martínez, Manuela Vellés, Raúl Arévalo, Gorka Otxoa, Juan Diego, Marta Hazas, Juanra Bonet, Miguel Rellán, Víctor Clavijo, Ernesto Sevilla, Antonio Dechent, Javier Gutiérrez, Javier Fesser, Mariano Venancio, Manolo Manquiña, Leticia Dolera, Miguel Ángel Muñoz, Terele Pávez, Ana Fernández, Tristán Ulloa, Julián Villagrán, Luis Bermejo, Mateo Gil... Estes son só algúns dos nomes que demostran que a curtametraxe é un xénero con corda para moito tempo.

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss