galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

martes, 9 de xuño de 2020
"O CONCELLO DO GROVE REALIZA UN NOVO REPARTO DE MÁSCARAS PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL"
foto

 

A distribución realizarase o próximo mércores e xoves na Casa do Concello e en San Vicente.

 

O Concello do Grove continúa coas medidas de prevención destinadas a toda a veciñanza. Neste caso realizarase un novo reparto de máscaras para a poboación infantil e xuvenil en colaboración coas ANPA de seis centros da localidade, catro de educación primaria e dous de educación secundaria. Así, o material está destinado a persoas de entre 6 e 35 anos e distribuirase o vindeiro mércores 10 de xuño na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente, en horario de 19.00 a 21.00 horas, e o xoves 11 de xuño na Casa do Concello do Grove, no mesmo horario. En ambos os casos o reparto farase garantindo as medidas de seguridade e hixene necesarias. Pídese a máxima responsabilidade de todas as persoas, que deberán acudir preferiblemente soas, provistas de máscara e mantendo en todo o momento as distancias de seguridade recomendadas.

 

Debe indicarse que as máscaras que está distribuíndo o Concello do Grove entre toda a poboación se fabricaron grazas á colaboración de 105 persoas voluntarias que se dedicaron a traballar na produción deste importante elemento de xeito desinteresado. O traballo implicou confección, doazón de tecidos, lavado, etc.

 

A finalidade deste reparto non é só facilitarlle á xente nova este material de seguridade, senón que tamén contribuír á súa concienciación sobre o emprego deste material de protección obrigatorio en todos os espazos públicos, tanto ao aire libre como pechados, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros. É importante que a poboación de menor idade tamén sexa consciente da importancia de adoptar estas medidas. Para ela está dispoñible a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), con cita previa, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas (omix@concellodogrove.es).

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss