galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

venres, 12 de marzo de 2021
" O PERIGO DO CERO"

 

Por fin chegamos á ansiada cifra de casos activos, de contaxios e de incidencia acumulada a 14 días no Grove: CERO!!

 

 O primeiro de todo é felicitar a todos os veciños e veciñas polo seu comportamento e polo seguimento das normas, o que nos levou a estas cifras. PARABÉNS!! Pero agora quédanos unha tarefa tan difícil coma a de chegar a ese cero: MANTELO!!!

 

Comezamos xa a ouvir voces que din que “se non temos casos, para que pór as máscaras?, para que as restricións?, para que seguir as normas de cando os tiñamos?...”. E a resposta é moi sinxela: Porque non somos unha illa sen contacto con outras poboacións!

 

Precisamente porque as incidencias baixaron en practicamente toda Galicia, as restricións de movemento diminuíron e comezamos a poder saír da nosa vila. Comezamos a retomar o contacto con persoas doutras poboacións que manteñen aínda casos activos, sexa por cuestións de traballo ou porque son familiares e amigos que viven fóra do Grove.

 

O perigo está en relaxar estas medidas, porque con ese CERO nos sentimos seguros. O perigo está en que, confiados por non termos novos casos nos últimos 14 días, nos esquezamos de que isto non rematou e comecemos a non pór as máscaras cando estamos na nosa vila con familiares cos que non convivimos ou cos nosos amigos, sexa na rúa ou mesmo nos nosos domicilios. Temos a certeza absoluta de que esas persoas (ou as persoas coas que conviven habitualmente e coas que, loxicamente, non usan máscara no domicilio) non tiveron contacto sen usar medidas de protección con persoas doutras vilas ou cidades?

 

Lembremos que os contaxios se producen en rede. Dunha única persoa que se contaxiou sen sabelo, que hoxe se xunta con outras tres coas que non convive para tomar algo ou nun domicilio (porque está permitido!) e mañá faino con outras tres diferentes (porque está permitido!), poden saír inicialmente seis novos contaxiados (sobre todo se este contacto se ten nun lugar con pouca ou nula ventilación e sen o uso continuo de máscaras por parte de TODOS). Pero de cada un deles poden saír novamente outros catro contaxios de media dentro dos seus domicilios (parella, fillos, pais…). En nada, dun só contaxiado saen novamente máis de vinte!

 

Probablemente en próximas datas volvamos a ter restricións especificas por nivel de incidencia. Queremos arriscarnos a que cando isto suceda esteamos novamente en nivel medio ou alto de contaxios? Queremos que novamente as nosas vidas, os nosos traballos, as nosas empresas e a nosa hostalería se vexan coartadas por esa falsa sensación de seguridade que nos dá ese CERO actual? E

 

sa cifra débenos animar a persistir e perseverar no que temos feito ata o de agora. Débenos facer persistir no que nos levou a esta situación actual que fai que sexamos un dos municipios de máis de 10.000 habitantes con mellores datos neste momento da pandemia:

• Evitar os contactos con persoas non conviventes en lugares pechados e sobre todo se non teñen unha ventilación adecuada.

• Manter o uso das máscaras con toda persoa coa que non convivamos, reducindo ao mínimo posible os momentos en que non a temos posta.

• Continuar a gardar a distancia de 2 metros co resto das persoas.

• Manter a hixiene de mans que levamos facendo desde hai máis dun ano.

 

POR FAVOR, fagamos as cousas con cabeza e NON NOS RELAXEMOS. Co que nos custou chegar ata aquí, non tiremos todo o traballo pola borda cando queda tan pouco para poder voltar á normalidade, á que todos queremos… Á DE VERDADE! Javier Caneda (Médico e Concelleiro de Sanidade do Grove)

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss