galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

mércores, 17 de marzo de 2021
"Seminarios universitarios para maiores de 50 anos do Salnés en Vilagarcía"

 

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) vai impartir en Vilagarcía de Arousa tres seminarios dirixidos ás persoas maiores de 50 anos da comarca do Salnés.

 

Trátase de programas de actividades formativas e de extensión cultural ofertados desde o Servizo do Programa Universitario para Maiores “IV CICLO”, da USC, que está deseñado para as persoas de máis de 50 anos, que por diferentes motivos non poden asistir ao devandito programa de formación para maiores nas instalacións dos campus universitarios.

 

 

REQUISITOS:

  • Ser maior de 50 anos e ser residente na comarca do Salnés.
  • Asistir á totalidade dos seminarios.

 

PROGRAMA:

  • 13 e 14 de abril de 16:30 a 18:00 h: “O cine como linguaxe”, impartido por Álvaro Dosil Rosende, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC e investigador da USC.
  • 15 e 16 de abril de 16:30 a 18:00 h: “Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura”, impartido por Anxo Rodríguez, investigador da Facultade de Xeografía e Historia e profesor do Programa Universitario de Maiores da USC.
  • 21 e 23 de abril de 16:30 a 18:00 h: “Cambio climático, ou o que podemos perder” (inclúe visita á Estación de Tratamento de Augas Residuais de Vilagarcía na xornada do día 23), impartido por José Antonio Rodríguez Añón, profesor titular do departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC e do Programa Universitario de Maiores da USC, e por Xurxo Proupín Castiñeiras, profesor titular do departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC.

 

LUGAR:

 

As sesións formativas desenvolveranse en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, sempre mantendo a capacidade permitida, así como as medidas sanitarias vixentes.

 

INSCRICIÓN E PRAZO:

 

Gratuíta, por rigorosa orde de presentación do impreso correspondente ata cubrir as prazas, a través do Rexistro xeral do Concello de Vilagarcía ou a través da súa sede electrónica (sede.vilagarcia.gal). É preciso asistir a todas e cada unha das sesións, non será válido participar unicamente nalgún seminario. O prazo de presentación de inscricións será do luns 15 de marzo ao venres 26 de marzo, ambos incluídos; presencialmente no rexistro do Concello de Vilagarcía de 8:30 a 14:30 h, ou a través da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ata o venres 26 de marzo ás 23:59 h.

 

Ficha de inscrición>

 

Folleto informativo>

 

 

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss