galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Emprego e Desenvolvemento Local

martes, 13 de abril de 2021
"PLAN CONCELLOS 2021 LIÑA 3. EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS"

 

PLAN CONCELLOS LIÑA 3. PROGRAMA "INTEGRA O GROVE" PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS

O Concello de O Grove, para a posta en marcha do PLAN CONCELLOS LIÑA 3, Programa “INTEGRA O GROVE”, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, solicitou ante a dita institución unha subvención por valor de 268.619,37€ para a contratación de 27 traballadores/as desempregados/as inscritos nas listas do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de Emprego, en concreto 17 peóns de obras públicas, 2 peóns forestais, 2 peóns de xardinaría, 2 condutores de camión, 2 auxiliares adminitrativos e 2 auxiliares de cultura.

 

Recibida a comunicación da concesión da subvención por parte da Deputación Provincial procederase á tramitación das correspondentes ofertas de emprego. As persoas desempregadas realizaran obras e servizos de mellora das infraestructuras municipais e servizos de atención ao público. Os contratos son a xornada completa e cunha duración de 6 meses excepto o auxiliar de cultura que a súa duración será de 5 meses.

 

 

OCUPACIÓNS SOLICITADAS:

 

CATEGORÍA PROFESIONAL

CÓDIGO OCUPACIÓN

17 PEÓN OBRAS PÚBLICAS

96011029

 

 

2 PEÓN FORESTAL

95431028

 

 

2 PEÓN XARDINARÍA

95121019

 

 

2 CONDUTOR CAMIÓN

84321042

 

 

2 AUXILIAR ADMINISTRATIVO

43091029

 

 

2 AUXILIAR CULTURA

37151038

 

A continuación específicanse os requisitos de acceso:

 

 -17 peóns de obras públicas: duración do contrato 6 meses a xornada completa, sen requisitos específicos.

 

-2  peóns forestais: duración do contrato 6 meses a xornada completa, prioritariamente con formación no ámbito forestal, prevención de riscos específico na ocupación.

 

-2 peóns de xardinaría: duración do contrato 6 meses a xornada completa, prioritariamente con formación no ámbito da xardinaría, ciclos de F.P. ou certificado de profesionalidade na ocupación.

 

-2 condutores camión: duración do contrato 6 meses a xornada completa, con carné de conducir C e CAP.

 

-2 auxiliar administrativo: duración do contrato 6 meses a xornada completa, formación mínima en Ciclo Medio en Xestión Administrativa ou FP1.

 

-2 auxiliares de cultura: duración do contrato 5 meses a xornada completa, formación mínima título de Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística.

 

As persoas interesadas e que cumpran cos requisitos de acceso deben comunicarse coa Oficina de Emprego e verificar o código da ocupación na súa demanda de emprego.

 

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss