O Campamento Deportivo de Verán vai dirixido a nenas e nenos empadroados no Grove e nados entre 2009 e 2015. Desenvolverase nas diferentes instalacións deportivas e espazos ao aire libre do municipio. Nel practicaranse diferentes modalidades deportivas (baloncesto, balonmán, surf, pádel, rutas de sendeirismo, piragüismo, remo etc.), como viña sendo habitual nas anteriores edicións.
En canto ao horario, haberá dúas opcións: normal (de 10.15 a 13.30 horas) e ampliado (de 9.00 a 13.30 horas).
Debido á situación actual de crise sanitaria e para poder adaptarnos ao protocolo da Xunta para evitar a expansión da Covid, distribuirase a rapazada en grupos reducidos. O máximo número de participantes é de 120. Co fin de poder cumprir o antedito protocolo, foi necesario aumentar o número de monitores e de grupos, polo que o prezo desta edición tivo que incrementarse con respecto a outros anos (140 €/mes).
O período de inscrición é do 10 ao 17 de xuño, de 9.00 a 14.00 h, no segundo andar da Casa do Concello. Teñen preferencia aquelas rapazas ou rapaces inscritos cuxos país, nais ou titores estean traballando os dous e asistan os dous meses a esta actividade.
O campamento deportivo organízao a Asociación do Deporte Meco coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello do Grove.
Máis información sobre a actividade>