galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

xoves, 10 de xuño de 2021
"O CONCELLO DO GROVE ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE EXPERIENCIA LABORAL DIRIXIDAS Á MOCIDADE DA VILA"
foto

 

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove organiza unhas xornadas de interacción xuvenil sobre os primeiros anos de experiencia laboral. Esta actividade desenvolverase na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove o sábado 26 de xuño, en sesións de mañá e de tarde, e o domingo 27 deste mesmo mes pola mañá. O acto de clausura contará con diversas actuacións musicais.

 

Nestas xornadas, tituladas “Que fago da miña vida?”, persoas do Grove e da comarca compartirán diferentes experiencias de éxitos e de fracasos que as levaron á situación laboral en que se atopan na actualidade: traballo no estranxeiro, emprendemento, carreira nas artes, formación non normativa, bolsas de estudos, voluntariado... O obxectivo deste encontro é reflexionar sobre as adversidades ás que se enfronta a xuventude á hora de atopar un posto de traballo estable, acorde coas súas capacidades e os seus estudos, e apreciar unha perspectiva diferente sobre o futuro da xente nova.

 

Estas xornadas contarán cunha capacidade reducida, polo que será preciso inscribirse previamente a través do enderezo electrónico quefagodaminavida@gmail.com, no que se facilitarán os datos da persoa interesada. Tamén poden obter máis información no número de teléfono da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Grove, 886 214 933.

 

PROGRAMA>

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xullo | 21 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss