galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Documentación e Patrimonio

luns, 12 de xullo de 2021
"O CONCELLO DO GROVE MELLORA A SINALIZACIÓN DO ESPAZO MUSEÍSTICO DE PUNTA MOREIRAS"
foto

O Concello do Grove, co financiaciamento da Deputación de Pontevedra a través do seu programa de subvencións para a sinalización de patrimonio histórico-cultural para o ano 2020, mellorou á sinaléctica do espazo museístico de Punta Moreiras.

Trátase dun conxunto de novos carteis, paneis, etiquetas e documentos creados para facelo máis visible e orientado a atraer a atención do público que pasea por este enclave para que coñeza mellor a riqueza patrimonial deste marabilloso espazo.

O proxecto foi encamiñado a acadar unha homoxeneidade en todos os campos en canto á lingua utilizada, o deseño, o formato, a calidade dos materiais utilizados e a tipografía. Para conseguilo, leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  • Colocación no exterior dun de 300 x 150 m tipo monólito de armazón metálico cerrado con vinilo laminado polimérico lacado ao comezo do espazo museístico coa finalidade de facilitar a orientación e a situación dos visitantes.

  • Colocación no exterior de 3 paneis de 150 x 180 tipo monólito de armazón metálico cerrado con vinilo laminado polimérico lacado. Os paneis son temáticos e ofrecen información sobre os dous edificios existentes e o terceiro panel creouse para substituír outro xa deteriorado con información sobre a salgadeiras do Grove.

  • Colocación no interior de 8 paneis de metacrilato impreso con soporte de 80 x 150 para identificar as diferentes seccións do espazo expositivo con soportes movibles que ofrecen unha maior versatilidade e liberdade para organizar o espazo expositivo.

  • Colocación de 150 etiquetas de 10 x 5 e 25 etiquetas de 20 x 25, todas elas con peana para facilitar a súa colocación e a identificación de todas as pezas expostas. Tamén neste caso, a utilización de soportes movibles ofrece unha maior versatilidade e liberdade para reorganizar o espazo expositivo, movendo as pezas ou cambiando unhas por outras

A homoxenización da sinalización contribúe á identificación do ámbito xeográfico, ao que pertencen estes recursos e, ao mesmo tempo, ao posicionamento da oferta patrimonial como un mosaico de recursos integrados nunha imaxe única do produto cultural. Deste xeito, a sinalización exerce unha función de nexo entre os recursos singulares que compoñen o espazo museístico, propiciando unha percepción global da oferta por parte dos visitantes.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss