galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Novas Tecnoloxías

mércores, 21 de xullo de 2021
"ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR GRATUITAMENTE O AMAÑO DAS POSIBLES INTERFERENCIAS DO SERVIZO DE TELEFONÍA 4G NAS TDT"
foto

 

Tal e como foi comunicado hai uns meses, a posta en servizo no noso municipio das estacións de telefonía móbil de 4ª xeración (4G na banda de 800 MHz) puido producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

 

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en marcha das estacións base de telefonía móbil non lle afecte á recepción da TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción das persoas usuarias de TDT. Estas actuacións son de balde para a cidadanía afectada.

 

Así pois, informamos que o vindeiro 31 de xullo de 2021 finalizará o prazo para que as persoas usuarias afectadas soliciten estas actuacións gratuítas polas posibles interferencias ocasionadas polas estacións 4G na recepción do sinal da TDT.

 

Recordamos que para seren atendidas e poder resolver estas posibles incidencias, as persoas usuarias terán que comunicar co teléfono gratuíto 900 833 999.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss