galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Medio Ambiente

luns, 27 de setembro de 2021
"O CONCELLO DO GROVE FOI BENEFICIARIO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN DO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA "
foto

 

 

O obxecto da convocatoria foi impulsar o tratamento da FORM mediante a compostaxe, con axudas para lles facer fronte aos sobrecustos transitorios derivados da súa posta en marcha no período de cambio do actual sistema de recollida e tratamento ao novo sistema baseado na compostaxe, nas súas variantes complementarias COIN e Centros de compostaxe comunitaria (CCC).

 

O concello do Grove, beneficiario da liña 2, puido adquirir catro novos centros de compostaxe comunitaria que se unen aos 10 existentes, situados en diferentes lugares do municipio, unha esteladora para biomasa con toma de forza a tractor, e 9 caixóns de estruturante para os novos  e antigos centros de compostaxe comunitaria, todo isto, financiado pola Deputación de Pontevedra.

 

Os residuos que botamos ao contedor verde son transportados a moitos quilómetros de distancia para seren incinerados, o cal supón uns custos de transporte e tratamento importantes á vez que provoca unha contaminación asociada innecesaria. A compostaxe, pola súa banda, é unha forma de xestión dos restos orgánicos moito máis coherente e respectuosa, xa que non só nos permite evitar a contaminación producida polo transporte e os tratamentos convencionais, senón que ademais nos proporciona un fertilizante rico en nutrientes e totalmente natural que podemos empregar nas nosas hortas, xardíns e plantas para termos cultivos sans e de calidade.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss