galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Deportes

martes, 28 de setembro de 2021
"APERTURA DE INSCRICIÓNS PARA AS CLASES DE TONIFICACIÓN"
foto

A Concellería de Deportes do Concello do Grove oferta como novidade clases de tonificación, onde se traballará, mediante circuítos de adestramento funcional, a mellora da condición física global e das capacidades funcional e coordinativa.

Impartirase os luns e os mércores de 10.45 a 11.45 h no pavillón Monte da Vila e o prezo é de 17 €/mes.

Quen queira inscribirse nesta actividade pode facelo no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, a partir do mércores 29 de setembro. As clases iniciaranse en outubro e seguen todos os protocolos para previr a Covid-19.

As persoas inscritas nas demais actividades deportivas serán avisadas telefonicamente para iniciar as clases en outubro. Piscina e ximnasia para maiores teñen as prazas cubertas, as persoas que se inscriban pasarán á lista de espera.

FOLLA DE INSCRICIÓN>

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss