galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Rede de Bibliotecas do Grove

venres, 15 de outubro de 2021
"O CONCELLO DO GROVE INICIOU ESTE XOVES UNHA NOVA ETAPA DO CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE"
foto

 

O Concello do Grove iniciou este xoves 14 de outubro unha nova etapa do club de lectura na Biblioteca Municipal do Grove no que participan 18 mulleres.

Esta actividade reúne todos os xoves na Biblioteca Municipal un grupo de lectoras co fin de debater e comentar o mesmo libro, en sesións dunha duración aproximada de hora e media nun ambiente distendido, de respecto, pero sobre todo lúdico, creando un clima de esparexemento que convida a divertirse.

O club de lectura este ano viaxará por todo o mundo a través dos libros, acordando o pasado xuño comezar a súa travesía en África, saíndo dende Marrocos da man de Mohamed Chukri coa novela “El pan a secas”.

Non será o único escritor africano, xa que tamén se lerán obras de Chimmanda NGozi Adichie, Yaa Gyasi e Ngũgĩ wa Thiong’o coas que as participantes no club de lectura poderán viaxar cara ao sur do continente para despois continuar a súa viaxe por outros lugares do planeta, sempre da man dos libros.

Ademais de potenciar a lectura e o coñecemento da literatura, esta actividade pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidade de vida dándolles a coñecer a biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss