galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

venres, 5 de novembro de 2021
"O CONCELLO DO GROVE EXPRESA UNHA VEZ MÁIS O SEU MALESTAR POLA ATENCIÓN SANITARIA QUE ESTÁ A RECIBIR A SÚA VECIÑANZA POR PARTE DO SERGAS"

 

Os problemas de falta de persoal no centro de saúde local seguen sen resolverse

 

O Concello do Grove considera vergoñento que as citas para algunhas das consultas superen xa as tres semanas de demora e que mesmo unha delas leve xa máis de catro meses sen cobertura, na que aparece como titular un médico que hai máis de catro anos que xa non está non traballa nese centro de saúde. Pensan que estas demoras poñen en perigo a saúde de todos os pacientes que necesitan de atención médica e o seguimento das súas enfermidades crónicas.

 

Desde o ente municipal aseguran que o déficit de médicos de familia é urxente na súa área sanitaria por causa dos responsables do Servizo Galego de Saúde, cuxa falta de previsión, mala xestión dos recursos humanos e o mal trato que lle dispensaron ao persoal fixo e eventual que traballa nos centros de saúde da zona fixo que se chegase a esta situación lamentable.

 

Afirman que na reunión mantida en marzo pasado xa lles avisaran aos representantes do Sergas do que pasaría neste centro coa falta de cobertura nalgunhas cotas e coas futuras xubilacións e traslados na pediatría, mais aseguran que non se fixo nada ao respecto, pois preferiron primar a atención hospitalaria malia o risco de que todos os nenos do Grove quedasen sen atención médica, como aconteceu nestes últimos días.

 

Dun xeito máis concreto, os profesionais consultados indican que hai dúas semanas o caos no centro de saúde meco chegou a tal extremo que unicamente un terzo do persoal médico estaba activo e as urxencias, por primeira vez na historia desta vila, quedaron sen atención presencial, tendo que desprazarse os veciños a Portonovo ou mesmo a Pontevedra para seren atendidos. Ademais, avisan de que nos próximos días tamén quedarán sen matrona e de que a médica que voluntariamente atendía varios días á semana a praza dun dos pediatras tamén se vai, como resposta á falta de talante negociador da Xunta á hora de buscar solucións para a situación da Atención Primaria.

 

Coinciden, polo tanto, en que a falta de persoal sanitario que hoxe sofre O Grove é responsabilidade do Sergas, xa que nos últimos anos non foi quen de manter na súa zona máis dun terzo dos especialistas formados en Medicina Familiar e Comunitaria, polo que a maioría fuxiron a outras áreas onde son mellor tratados, e alén diso tamén permitiu que profesionais que gañaron as súas prazas en Atención Primaria nas oposicións non se incorporasen a estas para quedaren en prazas de hospital, cando xa en Primaria había unha carencia de persoal urxente.

 

Ante isto, o Concello, en nome do pobo do Grove, esíxelle ao Sergas solucións inmediatas e que empece a facer ben o seu traballo para xestionar a sanidade do municipio con garantías.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xaneiro | 22 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss