Desde a Concellería de Comercio e Promoción Económica, a concelleira María López salienta a boa acollida que tivo este ano o Concurso de Escaparates de Nadal, ao que se presentaron vinte establecementos da localidade. Así pois, a través deste certame, impulsado desde o Concello para incentivar a campaña de compras de Nadal nas tendas de proximidade, repartiranse 3.000 euros en premios (dez de 300 euros cada un). O xurado será o alumnado de belas artes do instituto Monte da Vila do Grove e o seu ditame darase a coñecer, probablemente, a vindeira semana.