galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

martes, 3 de maio de 2022
"O CONCELLO DO GROVE PRESENTA UNHA VARIADA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS"

  • O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

 

Cartel

 

O Grove, 03/05/2022.- O Concello de Grove conmemorará o Día das Letras Galegas cunha variada programación de actividades que se organizarán desde principios de maio e ata o día 21 e que inclúe, ademais de exposicións, contacontos, feira do libro e actuacións de danza e música, entre outras propostas. O obxectivo “é ofrecer ao cidadán un amplo abanico de actividades coas que festexar e conmemorar o día das letras galegas e, de paso, fomentar o hábito da lectura en galego con actividades e propostas para todas as idades”.

 

Exposicións e recomendacións. A programación das Letras Galegas dará comezo con recomendacións de obras en galego nas Redes Sociais. Tamén ata o día 17 na Biblioteca do Grove, poderase disfrutar da Mesa temática das Letras que recollerá as obras das autores e autoras premiados desde 1936 a 2022. Contacontos Para os máis pequenos da casa a programación das Letras Galegas inclúe contacontos os días 5 e 13 de maio.

 

📌O xoves 5 de maio ás 18.00 h será a quenda de O Garoto de Ipanema (unha mensaxe na botella) a cargo de Caxoto contacontos e dirixido a público infantil e familiar a partir de 4 anos.

 

📌 O venres 13 de maio, tamén ás 18.00 h, terá lugar o contacontos Queda sitio na vasoira? a cargo de Patasdepeixe Editora e dirixido a público infantil e familiar a partir de 3 anos . Ambas actividades terán lugar na biblioteca Municipal do Grove e para participar, será necesaria inscrición previa polos medios habituais.

 

Letras Galegas As actividades do martes 17 de maio, na Rúa Castelao, desenvolveranse desde as 10.00 horas e darán comezo cun pasa rúas a cargo da agrupación folclórica local Paradanda Mecos.

 

📌 Ás 10.30 h comezará Feira do Libro Galego, a cargo de Espazo Lector Nobel O Grove e Patasdepeixe Editora en colaboración co Concello do Grove.

 

📌Así mesmo, á mesma hora, tamén dará comezo a Feira de Artesanía Local a cargo de diversos membros do colectivo local de artesanía Grovemakers.

 

📌 Ás 11.00 h, tamén na Rúa Castelao, Xoan Curiel ofrecerá o seu espectáculo Cantando as Nosas Letras, un concerto familiar dirixido a todos os públicos no que Xoan canta cantigas e poemas das autores e autoras homenaxeados nas Letras Galegas xunto con temas compostos polo propio Xoan Curiel dedicados á rapazada de todas as idades.

 

📌 A partir das 13.00 h ofrecerase o concerto do grupo local de pandereteiras Cinco en Zoca dirixido a público de todas as idades.

 

Obra de teatro O sábado 21 de maio a partir das 20.30 h representarase na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” a obra O Furancho a cargo de Ibuprofeno Teatro interpretada por María Bañobre e Isabel Risco.

 

Unha comedia para rir á esgalla que conta con diversos premios no seu haber: Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premio María Casares 2016 ao Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

 

A entrada é gratuíta pero deberase recoller convite na biblioteca Municipal do Grove.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xullo | 22 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss