galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Vivenda e Solo

xoves, 24 de marzo de 2011
"O Plan director para a mellora das vivendas de Virxe das Mareas estará aprobado definitivamente no mes de abril"

 

O concelleiro de Vivenda e Solo e tenente de alcalde Carlos Álvarez anunciou que o Plan director para a recuperación das vivendas de Virxe das Mareas está publicado no DOG a partir de hoxe, polo que rematará a súa exposición o día 16 de abril para a súa aprobación definitiva no Pleno do mes de abril.

 

Carlos Álvarez sentiuse satisfeito do traballo feito neste barrio a pesar dos problemas puntuais que se foron ocasionando ao longo das obras nestes anos, pero asegura que o obxectivo da concellería foi sempre a reforma integral do barrio cunhas melloras importantes. Asegurou que “quedan algunhas cousas por corrixir e unha rúa por rematar que se comprometeu a deputación e non dá feito, pero nós seguimos para adiante traballando por este barrio, e se a deputación non intervén farémolo nós pola nosa conta”. Tamén afirmou que o próximo obxectivo será o “acondicionamento integral da costa, demandando de Costas un paseo perimetral que poña en valor un dos espazos máis atractivos deste concello”.

 

Engadiu que con este plan director estará aprobado definitivamente no mes de abril, polo que concluímos a intervención global que se pretendía no barrio, aínda que este último precisou máis tempo pola importancia do proxecto. “Este plan director será a norma de aquí en diante para que os veciños poidan arranxar canto antes as vivendas, estean na zona de costas ou non”.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xaneiro | 22 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss