galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Novas Tecnoloxías

luns, 30 de xaneiro de 2012
"O Concello do Grove dixitaliza o envío de convocatorias e de informacións aos edís"
foto

O Concello do Grove dá un paso máis na súa aposta polas novas tecnoloxías e dixitaliza o proceso de información e de convocatorias dos edís da corporación. Desde esta semana, o Concello do Grove elimina as convocatorias en papel para as comisións informativas, xuntas de goberno e sesións plenarias e substitúeas por convocatorias a través do enderezo electrónico. O mesmo ocorre coa documentación relacionada cos asuntos para tratar nas diferentes ordes do día, que tamén se lles envían aos membros da corporación a través das canles telemáticas.

 

Para poder facer este cambio, o Concello do Grove solicitou previamente a autorización de cada un dos edís da corporación, que consentiron o seu uso como medio preferente. Con esta medida, conséguese avanzar na administración electrónica, ao mesmo tempo que se garante un importante aforro económico e de recursos, se axilizan os procesos, se garante a transparencia informativa e se colabora coa protección do medio ambiente.

 

As convocatorias son agora máis áxiles e permítenlles aos concelleiros dispoñeren da información dos puntos que se van debater nas convocatorias de xeito máis cómodo, sen necesidade de se desprazaren ata a Casa do Concello e garantindo un proceso de total transparencia. Ata o momento, as convocatorias entregábanselle persoalmente a cada edil da corporación, mentres que as copias coa información para tratar nas diferentes comisións debíanse recollelas nas oficinas municipais. Con este cambio, ademais de ofrecer maior transparencia, tamén se garante o acceso da información en igualdade de condicións a todos os edís.

 

Tamén é unha medida de aforro. O sistema que se estaba levando a cabo ata o de agora supoñía un traballo importante, ademais dun gasto económico adicional tanto nas copias de toda a documentación que hai que poñer á disposición dos concelleiros como na necesidade de contar cunha persoa que se encargase de notificar persoalmente das convocatorias. Segundo explica o concelleiro delegado de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín, “o lóxico é aproveitar ao máximo as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar este proceso, pero tamén para conseguir un aforro significativo ao longo de todo o ano. Seremos máis operativos, máis transparentes e, ademais, conseguiremos reducir os custos deste servizo”.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 19 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss