Despois do seu paso pola Festa do Marisco esta fin de semana, hoxe luns, 15 de outubro, acudirá de novo ao Grove un grupo de 16 persoas (pescadores, membros do FLAG, alcaldes de vilas e representantes de asociacións das xentes do mar dese país) da Rede de Desenvolvemento Rural de Estonia.
Entre as actividades que levarán a cabo no Grove está unha visita á Confraría de Pescadores de San Martiño para coñecer de preto a experiencia de Pescanatur. Logo os dous minibuses dirixiranse ao Acuario do Grove para facer unha visita guiada e máis tarde achegaranse ás Salgadeiras de Moreiras, onde terán oportunidade de coñecer as antigas formas de salga e conserva do peixe e marisco.