Concurso de Carteis Festa do Marisco 2024
Fecha: 2024-06-18
Participa no Concurso de Carteis Festa do Marisco 2024
Prazo de presentación ata o 1 de xullo
O Concello do Grove informa que xa está aberto o prazo para a presentación de orixinais no concurso de carteles da Festa do Marisco 2024. As bases do concurso, recentemente aprobadas pola XGL, están dispoñibles na páxina web do Concello.
O concurso conta cun premio de 600 euros para o gañador. Os interesados poden entregar os seus bosquexos nas oficinas do Edificio Administrativo, situado na rúa Alcalde Xacobe Barral, ata as 14:00 horas do día 1 de xullo de 2024.
As características do cartel deberán ser as seguintes:
- Medidas: 30 x 45 cm (vertical ou horizontal)
- Incluir o anagrama rexistrado do Concello do Grove (centola con cunca)
- Indicar as datas da festa: 3 ao 13 de outubro de 2024
- Incluir o texto: "Festa do Marisco. O Grove 2024"
Animamos a todos os artistas e deseñadores a participar e contribuír coa súa creatividade a esta festa emblemática.
Podes descargar a bases aquí
Exemplos:
.jpg)

