O Concello do Grove potencia o espazo das Salgadeiras de Moreiras con entrada libre e diversas actividades culturais.
Fecha: 2024-07-01
O Grove, 1 dexullo 2024.- O venres 5 de xullo reabre as súas portas ao publico o Museo das Salgadeiras de Moreiras.
As instalacións poderán visitarse de martes a domingo enhorario de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30. Así mesmo, realizaranse visitas guiadas ás 11.30 h e ás 18.00 h.
O Concello do Grove quere potenciar o coñecemento e visita deste importante espazo etnográfico polo que, durante todo o verán de2024, a entrada será gratuíta para todas as persoas visitantes.
Precisamente, as Salgadeiras de Moreiras, tamén adquiren dentro da programación cultural de verán un especial protagonismo e acollerán diversas actividades e concertos de diferentes estilos musicais.
O venres 19 de xullo, a partir das 21.00 h, ofrecerase a actuación de DavidChiquillo e Lote. O venres 2 de agosto poderase disfrutar co concerto de Clara Pino, arpa celta e voz, e Pablo Vidal, contrabaixo, piano e voz.
Así mesmo, tamén se organizou unha Semana cultural en Moreiras durante o mes de agosto na Salgadeira Vella. Dará comezo o martes 13 de agosto co espectáculo de narración oral “Romaría” a cargo de Raquel Queizas e dirixido a todos os públicos;o mércores 14 de agosto proxectarase a película de animación “Pinocho” de Guillermo del Toro, o xoves 15 de agosto será a quenda da música tradicional galega a cargo do grupo local Cinco en Zocas. Xa, para rematar, o sábado17 de agosto a agrupación Mekpoetic, coa colaboración do Concello do Grove, organizou unha festa poético musical “Versos nas Salgadeiras”.