O CONCELLO DO GROVE POTENCIA O ESPAZO DAS SALGADEIRAS DE MOREIRAS CUNHA SEMANA CULTURAL
Fecha: 2024-08-09
O Grove, 9 de agosto2024.- O Concello do Grove potencia o espazo de Punta Moreiras cunha Semana Cultural na Salgadeira Vella de Punta Moreiras.
O obxectivo é que as Salgadeiras de Moreiras adquiran, dentro da programación culturalde verán, un especial protagonismo e acollan diversas actividades dirixidas a todos os públicos.
A Semana cultural en Moreiras dará comezo o martes 13 de agosto, ás 20.30h, co espectáculo de narración oral “Romaría” a cargo de Raquel Queizas dirixido a todos os públicos e subvencionadopolo programa Cultura no Camiño. Trátase dun espectáculo de narración oral ondeas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo ao público infantil e familiar.
O mércores 14 de agosto, ás 22.00 h, proxectarase a película “Pinocho” de Guillermo del Toro. Película dirixida a todos os públicos gañadora do Óscar á mellor película de animación e premiada co Globo de Ouro e o BAFTA, entre outros premios. Unha belísima xoia artesana da animación que tardou 15 anos en facerse.
O xoves 15 de agosto, ás 21.00 h, será a quenda da música tradicional galega, a cargo da agrupación local Cinco en Zocas, que achegarán a música tradicional da nosa terra ao público asistente.
O venres 16, ás 19.30 h, terá lugar a actividade “Cargar o morto” dentro da Festa da Salga, organizado pola Asociación de Amigos dasSalgadeiras de Moreiras co patrocinio e colaboración do Concello do Grove .
Xa, para rematar esta semana Cultural en Moreiras o sábado 17 de agosto ás 20.30 h, a agrupación Mekpoetic,coa colaboración do Concello do Grove, organizou unha festa poético musical “Versos na Salgadeira”.