texto grande
buscar

Clasificación das distintas áreas ou ámbitos de actuación, con base nos cales se estruturan e implementan os distintos programas e actividades preventivas: 

 

a) En relación coa redución da demanda

- Ámbito escolar

- Ámbito familiar

- Programas dirixidos á mocidade

- Ámbito laboral

- Actividades transversais (información, sensibilización, formación)

- Programas de redución de danos, de incorporación sociolaboral, emerxencia

  social, etc. para drogodependentes

- Programas en clave de xénero de consumo de substancias

- Programas dirixidos a colectivos específicos

(Clasificación realizada con base na nova carteira de servizos en materia de prevención do PGD)

 

b) En relación coa redución da oferta

- Control da aplicación da normativa sobre venda de alcol e tabaco (reforzamento das actividades de inspección, en especial no relativo á prohibición da venda de alcol e tabaco a menores).

- Control das restricións da publicidade de bebidas alcólicas e tabaco e doutras formas de promoción do consumo destas substancias.

- Mellora na xestión e aplicación das sancións previstas na Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas en materia de promoción e venda de bebidas alcólicas e tabaco*, e na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

 

 

EN RELACIÓN COS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN

 

OBXECTIVOS XERAIS

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

ESTRATEXIAS

Reducir a

demanda de

drogas.

 

• Desenvolver persoas maduras e responsables ante as drogas.

• Desenvolver estilos de vida saudables.

• Promocionar alternativas de ocio.

• Fomentar a participación das persoas nos ámbitos en que se integran.

• Promocionar climas e estilos educativos positivos nos espazos educativos, para o crecemento saudable da persoa.

• Promover valores sociais relacionados con actitudes saudables e positivas.

• Desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.

• Educación socio-afectiva.

• Educación para a saúde.

• Xeración de alternativas de ocio.

• Sensibilización e formación de

axentes educativos.

• Sensibilización e formación de

mediadores sociais e poboación en xeral.

• Sensibilización social.

Reducir a oferta e promoción de drogas.

• Limitar a dispoñibilidade de drogas.

 

• Limitación de publicidade e venta.

 

Reducir

outros riscos

asociados ao

consumo.

• Detectar patoloxías e riscos.

• Previr o contaxio e transmisión de

enfermidades.

• Programas de redacción do dano.

• Xeración de alternativas e estilos de vida alternativos.

• Adquisición de habilidades sociais.

(*) Existe actualmente o Anteproxecto de lei integral en materia de drogodeoendencias e outros trastornos adictivos, que pretende substituír á Lei 2/1996.

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior xaneiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
noticias SPAD
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss