texto grande
buscar

Presentación

O Servizo Preventivo-Asistencial de Drogodependencias do Concello do Grove conta con dúas áreas de actuación/intervención: a área asistencial e a área preventiva.

  

ÁREA ASISTENCIAL

Na área asistencial cóntase coa Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello do Grove, que ten como finalidade a prestación de servizos sanitario-asistenciais a persoas con problemas derivados das súas condutas adictivas, así como a atención á problemática social derivada delas.

 

A zona de influencia da UAD comprende os concellos de Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e O Grove, e abarca unha poboación que ascende aproximadamente a 39.000 habitantes, dos cales o 30% pertencen ao concello do Grove, o 44% ao concello de Sanxenxo, o 14% ao concello de Meaño e o 12% ao concello de Ribadumia.

 

A UAD comezou a prestar este servizo en setembro do ano 1995, como consecuencia do convenio de cooperación subscrito o 30 de xuño dese mesmo ano entre o Comisionado do Plan de Galicia sobre drogas da Consellería de Sanidade e o Concello do Grove, para a atención a persoas con problemas derivados de condutas adictivas. Desde esa data, e de forma ininterrompida, vénse renovando este convenio anualmente, aumentando de forma progresiva tanto o persoal e os medios cos que conta a UAD como os programas, actividades e servizos que se lle prestan á poboación. A UAD está situada na rúa Lordelo do Grove.

Desde xaneiro do ano 2005 a UAD conta cun novo punto de prestación de servizos, situado no edificio de Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo, concretamente na vila de Portonovo (rúa Rafael Picó, 4). Diariamente aténdese á poboación usuaria desde o dispensario de tratamento e, unha mañá á semana, acode un profesional da área médica, social ou sanitaria.  O seu funcionamento e profesionais pertencen á UAD do Grove, e nel lévanse a cabo as mesmas prestacións de servizos sanitario-asistenciais a persoas con problemas derivados de condutas adictivas que na UAD.

 

ÁREA DE PREVENCIÓN

O Servizo de Prevención comezou a súa andaina no ano 1996, e consolidouse como tal no ano 1997. Pasou a prestar servizos e a desenvolver a súa programación xa de xeito continuado coa sinatura do convenio de cooperación subscrito o 30 de xuño dese mesmo ano entre o Comisionado do Plan de Galicia sobre drogas da Consellería de Sanidade e o Concello do Grove para a prestación de servizos de prevención e reinserción social.

 

Centra especificamente a súa actuación no municipio do Grove e abarca os seguintes ámbitos: 

  • Ámbito escolar: actividades distribuídas nas distintas etapas de ensino (infantil, primaria, secundaria e bacharelato), presentadas ao comezo de cada curso escolar nos centros de ensino locais.
  • Ámbito xuvenil: formación de mediadores/as, difusión de mensaxes preventivas entre iguais, campañas de sensibilización e con carácter informativo dirixidas especificamente a este sector da poboación e centradas na prevención do consumo de substancias.
  • Ámbito laboral: posta en marcha de proxectos relacionados coa información e promoción da saúde neste ámbito, en colaboración con empresas, sindicatos, asociacións de empresarios, etc.
  • Ámbito familiar: realización das escolas de pais/nais e distribución periódica de información a este grupo de poboación por medio das follas informativas.
  • Ámbito xénero: difusión de información e sesións formativas específicas que teñen como destinatarias ás mulleres.
  • Ámbito información-formación: campañas dirixidas á poboación en xeral; formación de profesionais de diferentes campos; difusión da información a través de distintos medios.

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior maio | 23 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
noticias SPAD
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss